Ir o contido principal

Directorio de Cooperativas de Galicia

Estamos ante unha ferramenta de consulta innovadora que pretende contribuír á promoción do cooperativismo e da economia social, mediante:

  • Información moi útil e moi gráfica da actividade e produtos de cada cooperativa;
  • Acceso ao contacto directo con cada cooperativa: directorios, redes sociais etc.
  • O enlace con outras plataformas e ferramentas de promoción do cooperativismo (Catálogo de produtos e servizos, Mapa cooperativo ...);
  • A promoción dos valores e do traballo cooperativo e, polo tanto, a contribución ao funcionamento dun punto de encontro común no que entidades e profesionais do ámbito cooperativo poidan traballar conxuntamente e no que o conxunto da poboación teña a máxima información sobre a actualidade do sector cooperativo.

Para todo isto, dende o Directorio de cooperativas podemos ter unha visión ampla de cada cooperativa, dende os seus datos básicos, a súa actividade e produtos, as súas instalacións e mesmo, os valores que quere transmitir.
 
ATOPA AS COOPERATIVAS DO TEU INTERESE